Proxecto Xenoma Galicia. Síndrome de Lynch

Incorporación a Proxector: 21/2/2022

Neste vídeo divulgativo (1´ 19´´) fálannos da síndrome de Lynch, un trastorno xenético hereditario que supón un risco múltiple de chegar a desenvolver un cancro no futuro. Un dos obxectivos do Proxecto Xenoma Galicia é buscar os tres xenes que determinan a presenza desta síndrome nas mostras de ADN cedidas ao proxecto, que permitirá facer un seguimento personalizado e unha posterior detección precoz da enfermidade, se fose o caso.

Xunta de Galicia CREACIóN Consellería de Sanidade CREACIóN
21/2/2022
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO