A foliada como Ben de Interese Cultural

Incorporación a Proxector: 20/1/2024

A foliada é unha manifestación musical, festiva e popular específica de Galicia na que se producen simultaneamente o canto, o baile e a práctica instrumental da música tradicional galega. O antropólogo Rafael Quintía expón nesta charla divulgativa (50´ 11´´) en que consistiu o traballo de elaboración do informe para o recoñecemento desta manifestación do noso patrimonio cultural inmaterial como Ben de Interese Cultural (BIC), na actualidade aínda en proceso de tramitación.

A charla tivo lugar en outubro de 2023, no marco das Xornadas do baile comunal, O serán desta aldea... Aboal, organizadas pola Asociación de Gaiteiros Galegos.

Rafael Quintía Pereira    AUTORÍA
Asociación de Gaiteiros Galegos CREACIóN
20/1/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO