Esther Estévez ensínanos neste novo capítulo (1´ 10´´) da serie Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas como se pronuncian unha serie de palabras rematadas en -eba/-eva; -ebo/-evo; -ebe /-eve; -obo/-ovo; -oba/-ova; ou -ove.
A peza forma parte do espazo televisivo DígochoEu, que emite a Televisión de Galicia para achegar o galego á poboación de forma dinámica e entretida.
Material complementario:
Serie completa de vídeos sobre vogais abertas e pechadas.