As rías galegas constitúen un exemplo de baías de afloramento, polo que son un dos lugares máis produtivos do planeta, caracterizadas por unha elevada produción pesqueira e marisqueira. Nesta pílula didáctica (3´) preséntannos os resultados dun estudo científico que desmostrou que as mudanzas rápidas do vento xogan un papel clave na elevada produtividade biolóxica das Rías Baixas.
A peza foi elaborada no marco do proxecto científico REMEDIOS, promovido polo Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, o Instituto Español de Oceanografía e o Consello Superior de Investigacións Científicas-CSIC.