As enfermidades raras: retos e oportunidades

Incorporación a Proxector: 3/3/2025

O 90% das enfermidades raras teñen a súa orixe nunha mutación xenética. Ángel Carracedo, director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e catedrático de Medicina Legal na USC, explícanos nesta charla de divulgación científica (29´ 36´´) que que son as enfermidades raras, cal é a súa problemática específica e como contribúe o CiMUS - Centro Superior de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas neste campo de investigación.

A charla foi emitida en directo o 23 de novembro de 2024, dentro da VIII Xornada de Portas Abertas da Rede de Centros Singulares de Investigación da USC.

Anxo Carracedo    AUTORÍA
Universidade de Santiago de Compostela CREACIóN
3/3/2025
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO