Vídeo divulgativo (4´ 37´´), elaborado polo xornal GCiencia, no que se presenta un proxecto de investigación colaborativo entre a Universidade de California e o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (Cinbio) da Universidade de Vigo, con aplicacións na medicina personalizada nun futuro próximo.
Verónica Salgueiriño, investigadora principal do grupo "Nanomateriais híbridos" do Cinbio, explícanos como a combinación de virus de plantas con nonopartículas mangnéticas pode revolucionar a administración dirixida de fármacos.

