Atrévete a pescudar con elas! 2025

Incorporación a Proxector: 10/3/2025

Diferentes investigadoras da Universidade da Coruña, dos ámbitos da química, a enxeñaría de camiños, o dereito, a biloxía, a filoloxía e o turismo, fálannos neste vídeo divulgativo (11´ 16´´) da súa traxectoria científica e vital, co obxecto de incentivar a curiosidade pola profesión investigadora e científica.

Esta peza foi elaborada pola Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña para celebrar en 2025 o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia.

Universidade da Coruña CREACIóN
10/3/2025
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO