Neste vídeo divulgativo (1´ 56´´) Noelia Pérez Martínez, investigadora no programa de doutoramento de Historia, Xeografía e Historia da Arte, preséntanos o proxecto “A historia dos nosos mortos: unha síntese acerca dos estudos de osteoarqueoloxía no territorio galego”, centrado na evolución que experimentou a investigación no ámbito da osteoarqueoloxía, desde os primeiros estudos anatómicos e paleopatolóxicos, ata as investigacións actuais baseadas en análises bioxeoquímicas.
Esta peza audiovisual elaborouse no marco das xornadas de investigación As disciplinas do Seminario de Estudos Galegos onte e hoxe, que se celebraron o 9 de outubro de 2023 no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía da USC.