Neste vídeo divulgativo (1´ 12´´) Juan Gefaell preséntanos a súa tese de doutoramento, na que estudou os diferentes aspectos do polimorfismo de cor de cuncha dos caracois mariños e a función que cumpre este mecanismo no caso concreto da Littorina saxatilis.
Esta peza forma parte da sección Minutese, as teses da UVigo nun minuto, promovida pola Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo.