As nupcias de Vilasantar

Incorporación a Proxector: 16/4/2025

Neste vídeo divulgativo (5´ 19´´) o Arquivo do Reino de Galicia cóntanos, a través da documentación histórica que custodia, cal era a lexislación vixente sobre a celebración de vodas no Reino de Galicia durante o século XVI e que lle aconteceu aos mozos Jácome da Graña e María Rodríguez durante a celebración das súas nupcias en Vilasantar.

A peza forma parte da serie divulgativa en formato podcast Segredos do Arquivo, que ten como obxectivo divulgar e poñer en valor o inmenso tesouro documental que posúe o Arquivo do Reino de Galicia.

Arquivo do Reino de Galicia CREACIóN
16/4/2025
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO