Obradoiro práctico (13´ 47´´) no que Olalla Liñares e A Rabela fan un percorrido por diferentes lugares do mundo (nomeadamente aqueles que forman parte da lusofonía, mais tamén outros de América Latina) nos que se conservan prácticas de improvisación oral similares á regueifa.
Esta peza, dirixida a alumnado de ensino medio, forma parte dos vídeos formativos da edición do ano 2021 do proxecto Enreguéifate, promovido polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Pontevedra, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo.