Diego Silva Muñiz fálanos neste vídeo divulgativo (58´´) do obxecto de estudo da súa tese, un traballo co que trata de mellorar a capacidade de máquinas que teñen un uso xeral (non especializado) para que poidan seguir traxectorias concretas, mesmo en condicións difíciles ou variables.
Esta peza forma parte da sección Minutese, as teses da UVigo nun minuto, promovida pola Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo.

