Os topónimos Vila da Igrexa e Cerceda

Incorporación a Proxector: 14/5/2025

Neste vídeo didáctico (5´ 35´´) Iván Méndez, filólogo e técnico do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, explícanos a orixe e o significado dos topónimos Vila da Igrexa, o nome da aldea en que viviron Adolfina e Rosa Casás Rama (dúas das cantareiras homenaxeadas no Día das Letras Galegas 2025), e Cerceda, o nome da parroquia e concello ao que pertence este lugar.

A peza forma parte da serie didáctica O Seminario de Onomástica responde.

Iván Méndez López    AUTORÍA
Real Academia Galega CREACIóN
14/5/2025
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO