A investigadora Lúa Blanca Garea preséntanos neste vídeo divulgativo (1´ 49´´) o proxecto no que participa, orientado ao estudo das ciencias naturais en Galicia durante o século XIII por parte de centros científicos de franciscanos e de dominicos, e a súa relación con outros centros de Castela e de Europa.
Esta peza audiovisual foi elaborada no marco das xornadas de investigación As disciplinas do Seminario de Estudos Galegos onte e hoxe, que se celebraron o 9 de outubro de 2023 no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía da USC.