Raquel Carragal ensínanos neste vídeo didáctico (4´ 15´´) a realizar unha secuencia de exercicios sinxelos focalizados no fortalecemento de toda a musculatura que dalgunha maneira interfire na funcionalidade dos nosos xeonllos.
A peza, elaborada pola Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo, forma parte dunha serie de pílulas didácticas destinadas a fomentar a práctica do deporte e os hábitos saudables.