Realidade virtual, aumentada e mixta

Incorporación a Proxector: 3/9/2025

Juan Carlos Navares, investigador do grupo Xeotecnoloxías Aplicadas do CINTECX (Universidade de Vigo) explícanos neste vídeo divulgativo (1´ 59´´) a diferenza entre a realidade virtual, aumentada e mixta. Despois desta breve introdución teórica, preséntanos o proxecto SUM4Re, no que participa o CINTECX, deseñado para crear bancos de material a través de minaría urbana dixital.

Este foi un dos traballos gañadores da da 4ª edición do certame Youtubers Científicos, organizado pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) da UVigo.

Juan Carlos Navares Vázquez    AUTORÍA
Universidade de Vigo CREACIóN
3/9/2025
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO