O alumnado de 1º da ESO do IES de Brión explícanos neste orixinal vídeo divulgativo (59´´) como contribuíu o coñecemento científico ao desenvolvemento da sociedade e anímanos a nós tamén a investigar e facer ciencia.
Este foi un dos traballos gañadores da 4ª edición do certame Youtubers Científicos, organizado pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) da UVigo.

