Os tesouros humanos vivos son individuos ou grupos que posúen en sumo grao as habilidades e técnicas necesarias para crear, producir e reproducir determinados elementos do patrimonio cultural inmaterial. Neste vídeo didáctico (31´ 23´´) poderás achegarte, da man dos seus protagonistas, ao patrimonio inmaterial que se xerou historicamente ao redor do río Miño: cultura, saberes, medios de vida...
O vídeo foi realizado pola Asociación Cultural Ponte... nas ondas! para a Deputación de Pontevedra, CIM Alto Minho, Fundación CEER e AECT Río Minho.

