Mellorar a eficiencia das LED para diminuír a pegada enerxética

Incorporación a Proxector: 8/9/2025

Lakshminarayana Polavarapu, líder do grupo de "Física e Química de Materiais" do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO) da Universidade de Vigo, fálanos neste vídeo divulgativo (6´ 07´´) do proxecto de investigación que dirixe, no que tentan xerar luz quiral —un tipo de luz con propiedades de polarización específicas— a partir dunhas estruturas cristalinas, coñecidas como nanocristais de perovskita de haluro de chumbo, utilizando metasuperficies quirais. Trátase dun importante avance no eido da nanofotónica que buscar mellorar a eficiencia das luces LED para diminuír a pegada enerxética.

Universidade de Vigo CREACIóN Gciencia CREACIóN
8/9/2025
#física    #Óptica   
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO