Os animais comen herba cando están enfermos?

Incorporación a Proxector: 6/10/2025

Se convives con cans e gatos decataríaste de que cando saen ao exterior teñen por costume comer herba. A crenza popular di que cando un animal come herba é para purgarse ou porque ten problemas dixestivos, pero que di a ciencia? Neste vídeo (4´ 31´´) Ángela González, doutora en Veterinaria na USC, explícanos que este comportamento é totalmente normal e forma parte dos seus hábitos alimentarios.

A reportaxe é autoría de Elena Martín e forma parte da serie #DesmontadoMitos de GCiencia.

Elena Martín    AUTORÍA
Gciencia CREACIóN
6/10/2025
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO