Noelia Estévez Rionegro, docente no Departamento de Didácticas Aplicadas da USC, fálanos neste vídeo divulgativo (4´ 58´´) das características dialectais da comarca de Valdeorras, así como do valor identitario e cultural da súa fraseoloxía.
Este traballo recibiu o segundo premio do certame “Vémolo Nós” (na categoría “Divulgación do coñecemento”), organizado pola USC en 2025.

