Instinto maternal: realidade ou construción social?

Incorporación a Proxector: 27/10/2025

Unha idea moi estendida socialmente parte da premisa de que todas as mulleres, polo simple feito de selo, teñen o desexo natural de converterse en nais e unha capacidade innata para os coidados. Neste vídeo divulgativo (4´ 14´´) Jorge García Marín, profesor de Socioloxía na USC, explícanos que o instinto maternal é realmente unha construción sociocultural e non unha característica xenética das mulleres.

A reportaxe é autoría de Elena Martín e forma parte da serie #DesmontadoMitos de GCiencia.

Elena Martín    AUTORÍA
Gciencia CREACIóN
27/10/2025
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO