NEURASVI: un asistente virtual para o diagnóstico do deterioro cognitivo amnésico

Incorporación a Proxector: 30/10/2025

Daniel Apolinar García Estévez, xefe do Servizo de Neuroloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, preséntanos neste vídeo divulgativo (2´ 18´´) unha aplicación baseada en intelixencia artificial e deseñada para dar apoio diagnóstico aos facultativos de atención primaria cando teñen que atender doentes que consultan por temas relacionados co deterioro cognitivo lixeiro amnésico e a demencia en grao leve.

Este é un dos traballos finalistas dos V Premios de Innovación en Saúde, organizados en 2025 pola Axencia Galega de Coñecemento en Saúde.

Daniel Apolinar García Estévez    AUTORÍA
Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) CREACIóN
30/10/2025
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO