Vídeo divulgativo (10´ 08´´) no que se fai un percorrido pola traxectoria profesional e persoal de Fernando Calvet, científico introdutor da bioquímica moderna en España, modernizador da química orgánica en Galicia e iniciador da investigación química na Universidade de Santiago nos anos 30 do pasado século.
A peza foi elaborada pola Real Academia Galega de Ciencias, no marco dos actos de homenaxe que se lle renderon a este científico en 2025 con motivo do Día da Ciencia en Galicia.

