As mulleres e os chismes

Incorporación a Proxector: 22/1/2026

En moitas linguas e culturas contar chismes considérase algo propio das mulleres, aínda que xa está demostrado que non ten sustento científico. Sabías que esta crenza está relacionada coa historia dos lavadoiros públicos? Virginia Acuña e Alicia Sentí, investigadoras da Universidade de Vigo, explícancho neste vídeo divulgativo (1´ 59´´).

Este foi un dos traballos presentados á 4ª edición do certame Youtubers Científicos, organizado pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) da UVigo.

Virginia Acuña Ferreira    Alicia Sentí Janssen    AUTORÍA
Universidade de Vigo CREACIóN
22/1/2026
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO