Nesta nova entrega (7´ 34´´) de Segredos do Arquivo, serie divulgativa en formato pódcast elaborada polo Arquivo do Reino de Galicia, terás ocasión de coñecer a historia de Manuel Blanco Romasanta (tamén coñecido como o Sacauntos, ou o Home Lobo de Allariz), acusado de licantropía e considerado o primeiro asasino en serie da historia de España.
O vídeo está elaborado por Pedro Chavarría, estudante do Máster Universitario en Patrimonio Cultural Dixital da USC, a partir do expediente do xuízo a Romasanta que custodia o Arquivo do Reino de Galicia.

