A malaria é na actualidade un desafío de saúde pública en África. Abdoulaye Diabaté, científico do Instituto de Investigación en Ciencias da Saúde de Burkina Faso, fálanos nesta charla de TED (12´ 23´´) dunha técnica innovadora que podería eliminar as especies de mosquitos transmisores de malaria mediante a alteración dos seus xenes.
A tradución ao galego é de Laura Rey e foi un dos traballos galardoados no certame #traduceTED 2025, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.

