Meryam Sugulle, doutora e investigadora no Hospital Universitario de Oslo, fálanos nesta charla de TED (15´ 16´´) do papel da placenta durante a xestación e de como unha placenta disfuncional inflúe nas complicacións do embarazo e na futura saúde cardiovascular da nai. A doutora Sugulle propón introducir unha simple pregunta nos controis ritineiros de saúde que se lles fan ás mulleres: "tiveches complicacións durante o embarazo?", xa que este é un indicador fiable da necesidade de facer un seguimento personalizado que evite futuros problemas de saúde.
Tradución ao galego de María Suárez Seijas para #TEDSaúde.

