Tradicionalmente as mulleres eran representadas nas obras de arte como obxectos que non protagonizaban a acción, xogando o papel de modelos ou musas do artista. Neste vídeo divulgativo (3´ 56´´) terás ocasión de achegarte á obra do artista galego contemporáneo Joseba Muruzábal, que reivindica nos seus murais o papel protagonista da muller rural.
Este recurso, con aproveitamento didáctico para o currículo de artes visuais, forma parte da serie audiovisual Catro + Catro, elaborada pola Asociación Cultural Urbana Taller Abierto, ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.
Outros vídeos da mesma serie.

