Os nanografenos son pequenos fragmentos de grafeno, formados por aneis de carbono a escala nanométrica, que grazas ás súas propiedades excepcionais son fundamentais no desenvolvemento da electrónica molecular e da espintrónica. Dolores Pérez Meirás, investigadora no CiQUS (Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares), fálanos nesta charla (3´ 17´´) do traballo que están a desenvolver no CiQUS centrado no desenvolvemento de metodoloxías de creación de nanografenos; unha liña de investigación con aplicacións no ámbito da ciencia de materiais, da aromaticidade e mesmo da astrofísica.

