A EPOC é unha enfermidade pulmonar inflamatoria crónica que cursa tanto con síntomas respiratorios (tose crónica), como non respiratorios (debilidade, disfunción diafragmática, alteracións funcionais e emocionais...). Malia non ser unha enfermidade curable, hai tratamentos farmacolóxicos e non farmacolóxicos (como a fisioterapia) que poden frear a súa progresión e mellorar a calidade de vida do doente. Neste vídeo divulgativo (2´ 05´´) o Colexio de Fisioterapeutas de Galicia pon o foco na importancia do exercicio terapéutico para a rehabilitación pulmonar.

