Investigamos nas novas humanidades

Incorporación a Proxector: 6/5/2026

Desde o principio dos tempos as humanidades, que estudan as dimensións culturais, artísticas e sociais do ser humano, estiveron integradas en todos os saberes, pero a partir do século XIX prodúcese unha fenda entre os estudos humanísticos e a cultura científica. Neste vídeo divulgativo (4´) Laura Lojo, profesora da USC e membro do Instituto de Investigación en Humanidades (iHUS), axúdanos a entender cales son as liñas de traballo que se desenvolven neste centro, centradas en analizar cuestións complexas actuais como poden ser as novas tecnoloxías, o medio ambiente, a saúde ou as migracións.

Laura Lojo    AUTORÍA
Universidade de Santiago de Compostela CREACIóN
6/5/2026
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO