Quéreme soar! Romanticismo

Incorporación a Proxector: 25/1/2024

Este vídeo divulgativo (16´ 50´´) ofrécenos un percorrido histórico e sonoro polas principais figuras musicais do Romanticismo, con especial mención para Pascual Veiga, autor do himno de Galicia (elaborado sobre un texto do poeta Eduardo Pondal) e da obra 'Alborada', unha composición culta con base popular (algo característico desta época).

O vídeo pertence á serie documental Quéreme soar!, sobre historia da música en Galicia. Foi producida por Tarabela Creativa, con guión de Carmen Conde.

Outros capítulos da mesma serie.

Carmen Conde    AUTORÍA
Tarabela Creativa CREACIóN
25/1/2024
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO