Miguel Brozos Vázquez, profesor da Universidade da Coruña, fálanos neste vídeo divulgativo (5´ 50´´) das razóns históricas polas que empregamos o punto e a coma como separadores decimais. Tamén nos conta cales son as vantaxes e inconvenientes de cada un destes usos.
Esta peza forma parte da serie audiovisual “Consultorio VídeoMatemático”, unha iniciativa do CITMAga que ten como obxectivo achegar o coñecemento matemático á cidadanía.

