Comer de noite engorda máis?

Incorporación a Proxector: 19/5/2026

Maruxa Zapata, profesora de Saúde Pública da USC, explícanos neste vídeo divulgativo (5´ 27´´) que hai tres factores principais que condicionan o feito de que a inxesta de alimentos nos faga engordar: a calidade dos alimentos que comemos; a cantidade que inxerimos e, segundo estudos recentes, tamén sería un factor determinante cando os comemos.

Daquela, será ou non será un mito que comer pola noite engorda máis? Descúbreo nesta reportaxe realizada por Elena Martín para a serie #DesmontadoMitos de GCiencia.

Elena Martín    AUTORÍA
Gciencia CREACIóN
19/5/2026
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO