Un rato con dous pais: a nova fronteira da bioloxía

Incorporación a Proxector: 19/5/2026

O biólogo Katsuhiko Hayashi explica nesta charla de TED (8´ 13´´) en que consiste a técnica experimental da gametoxénese in vitro (GIV), que permite producir esperma, óvulos ou calquera célula no laboratorio, e explora as súas implicacións para as especies en perigo de extinción ou a reprodución humana, entre outras cuestións.

A tradución ao galego é de Paola Costa e foi un dos traballos finalistas no certame #traduceTED 2025, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.

Katsuhiko Hayashi    AUTORÍA
19/5/2026
#bioloxía   
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO