Os microenxertos son unha pasada!!!

Incorporación a Proxector: 2/6/2026

Gústache montar pezas de Lego? Se é así, interésache este vídeo (3´ 38´´). Nel descubrirás que grazas á técnica do enxerto, que xa coñecían ben os nosos devanceiros, podemos xuntar dúas árbores e convertelas nunha soa que nos resulte máis útil. Só precisamos un anaquiño dunha árbore que leve polo menos unha xema e inserilo na parte de abaixo doutra árbore. A parte inserida chámase puga e a outra padrón. Tamén aprenderás que, na actualidade, a biotecnoloxía permite facer microenxertos no laboratorio, que serven curar plantas infectadas con virus e obter millóns de exemplares nun ano.

A peza forma parte da serie Ciencia á Feira, o proxecto de ciencia comunitaria interxeracional do Grupo XuvenCiencia (USC).

Universidade de Santiago de Compostela CREACIóN
2/6/2026
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO