Un vaso de viño ao día é bo para o corazón?

Incorporación a Proxector: 5/6/2026

Historicamente asociouse o consumo de viño tinto a beneficios cardiovasculares, porque pode aumentar o colesterol bo (HDL) e contén antioxidantes, como os polifenois. Será logo certo que beber viño tinto é tan saudable? Fátima Barros, médica e divulgadora de saúde, explícanos neste vídeo (1´) que os supostos beneficios non compensan os prexuízos que ocasiona.