Divulgación en galego: utopía ou realidade?

Incorporación a Proxector: 5/6/2026

Neste episodio do programa Onda Ciencia (48´ 17´´) catro profesores da Universidade da Coruña (Laura Castro, Casto Rivadulla, Cristina Naya e Alexandre Peres) reflexionan sobre o uso do galego na divulgación científica, poñendo o foco nas vantaxes e tamén nos atrancos que aínda existen na actualidade.

Onda Ciencia é un proxecto de divulgación científica en formato radiofónico realizado conxuntamente por Cuac FM e a Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña.

Universidade da Coruña CREACIóN CUAC FM CREACIóN
5/6/2026
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO