Se cadra ti tamén escoitaches algunha vez que a fibromialxia non existe e que é unha doenza inventada. Neste vídeo divulgativo (1´ 15´´) a médica Fátima Barros explícanos que isto non é certo, e que se trata dunha enfermidade crónica que afecta predominantemente a mulleres, caracterizada por dor músculo esquelética e articular, fatiga, problemas para conciliar o sono e concentrarse etc. Tamén nos conta cales son os seus posibles tratamentos.

