Sabías que as carrachas poden causar unha chea de enfermidades?

Incorporación a Proxector: 9/7/2026

As carrachas son artrópodos que actúan como parasitos, alimentándose do sangue doutros animais (incluídos os humanos) e son a causa dunha gran cantidade de doenzas. En que contornas é máis habitual atopalas? En que partes do corpo se prenden? Como nos protexemos nós e as nosas mascotas? Que facemos en caso de que nos piquen? Tes todas as respostas neste vídeo (4' 26'') .

A peza forma parte da serie Ciencia á Feira, o proxecto de ciencia comunitaria interxeracional do Grupo XuvenCiencia (USC).

Universidade de Santiago de Compostela CREACIóN
9/7/2026
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO