Voitres na serra do Barbanza?

Incorporación a Proxector: 21/7/2026

A finais do pasado mes de xuño, un grupo de 100 voitres leonados causaron expectación nos ceos de Porto do Son, xa que é un fenómeno moi pouco habitual velos sobrevoar a serra do Barbanza. Neste breve vídeo divulgativo (1´ 43´´) o fotógrafo de natureza Iago Rois fálanos do comportamento dos voitres e explícanos que facían nesa zona.

Iago Rois Abel    AUTORÍA
21/7/2026
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO