Mulleres STEM: a ciencia tamén é nosa!!!

Incorporación a Proxector: 23/7/2026

A imaxe que o cine e a literatura nos transmiten habitualmente da ciencia está chea de estereotipos, o que provocan que automaticamente asociemos a investigación científica con nomes masculinos. Neste vídeo divulgativo (3´ 49´´) fálannos dos estereotipos e prexuízos de xénero que condicionan a elección de estudos académicos. Os datos foron obtidos nun estudo realizado por XuvenCiencia no que participaron 700 estudantes de ensino medio de 31 institutos de Galicia.

A peza forma parte da serie Ciencia á Feira, o proxecto de ciencia comunitaria interxeracional do Grupo XuvenCiencia (USC).

Universidade de Santiago de Compostela CREACIóN
23/7/2026
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO