Sabes como funciona o cerebro e como condiciona o teu benestar? Neste espectáculo didáctico (54´ ), dirixido a alumnado de educación secundaria, bacharelato e FP, David Ballesteros fálanos de neurociencia e saúde mental. Tras unha breve explicación teórica inicial, realiza unha serie de experimentos para que o alumnado poida reflexionar sobre a percepción da realidade, observar as ondas cerebrais e mesmo descubrir a neurociencia que explica sentimentos como o amor.
O espectáculo tivo lugar no marco do Galiciencia 2025.

