Aves acuáticas do esteiro do Miño

Incorporación a Proxector: 24/7/2025

Vídeo divulgativo (7´ 11´´) sobre algunhas das aves acuáticas, a maioría delas invernantes, que se poden ver na zona ornitolóxica do esteiro do Miño, un dos enclaves máis importantes de acollida destas aves en Galicia. Concretamente, no filme poderás ver o cullereiro, a garzota, as gavitas, o mazarico rabipinto, o pato real, o bilurico pativerde, o bilurico común, o bilurico bailón, o pilro bulebule ou a píllara riscada.

O vídeo foi realizado por Agustín Ferreira Lorenzo, co apoio da Asociación Naturalista Baixo Miño (ANABAM).

Agustín Ferreira Lorenzo    AUTORÍA
Asociación Naturalista Baixo Miño (ANABAM) CREACIóN
24/7/2025
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO