Como vivir unha eclipse

Incorporación a Proxector: 28/7/2026

Programa de Onda Ciencia (1 h) que che axudará a entender a a importancia científica, cultural e histórica das eclipses solares. Catro expertos/as da Universidade da Coruña (Ángel Daniel Arós Rodríguez, Xabier Pérez Couto, Alsira Salgado Don e Susana García Barros) falan sobre o papel das eclipses no desenvolvemento da astronomía, a súa relevancia para comprender os movementos celestes e a súa influencia na historia da ciencia. Tamén nos explican que acontecerá exactamente o vindeiro 12 de agosto de 2026 durante a eclipse total de Sol, cales son os lugares máis idóneos para observala e que precaucións debemos tomar para protexer a nosa vista.

Onda Ciencia é un proxecto de divulgación científica en formato radiofónico realizado conxuntamente por Cuac FM e a Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña.

Universidade da Coruña CREACIóN CUAC FM CREACIóN
28/7/2026
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO