Damos unha volta? Torre de Hércules. Zona de transición

Incorporación a Proxector: 10/9/2026

Os profesores Adán Gonçalves García e Belén Lorenzo Arenal lémbrannos nesta breve pílula didáctica (52´´) que os factores ambientais, bióticos e abióticos determinan a comunidade vexetal existente nun determinado lugar.

O recurso, dirixido a alumnado de educación secundaria, forma parte dunha serie audiovisual sobre a contorna da Torre de Hércules (A Coruña), un dos espazos de maior biodiversidade da cidade da Coruña, declarado como Espazo Natural de Interese Local (ENIL).

Adán Gonçalves García    Belén Lorenzo Arenal    AUTORÍA
10/9/2026
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO