Neste vídeo didáctico (1´ 49´´) Adán Gonçalves e Belén Lorenzo, docentes de ensino medio, fannos unha introdución ao ecosistema de cantil da contorna da Torre de Hércules, poñendo o foco na importancia dos liques na sucesión ecolóxica, é dicir, na preparación do substrato para que poidan asentarse os seguintes organismos.
A peza forma parte dunha serie audiovisual sobre a contorna da Torre de Hércules (A Coruña), un dos espazos de maior biodiversidade da cidade da Coruña, declarado como Espazo Natural de Interese Local (ENIL).

