Flora litoral. Cantil. Quen vive aquí?

Incorporación a Proxector: 8/10/2026

Adán Gonçalves e Belén Lorenzo, docentes de ensino medio, ofrécennos neste vídeo didáctico (2´ 30´´) unha introdución ao ecosistema de cantil da contorna da Torre de Hércules. Explícannos cales son os mecanismos de adaptación de plantas características desta zona como a herba de namorar, o pirixel de mar ou a herba das andoriñas. Tamén nos falan da fauna habitual, como o rabirrubio ou a lagartixa galega.

A peza forma parte dunha serie audiovisual sobre a contorna da Torre de Hércules (A Coruña), un dos espazos de maior biodiversidade da cidade da Coruña, declarado como Espazo Natural de Interese Local (ENIL).

Adán Gonçalves García    Belén Lorenzo Arenal    AUTORÍA
8/10/2026
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO