Paisaxes que teñen patrimonio. Patrimonio, identidade e cultura

Incorporación a Proxector: 15/10/2026

A paisaxe é un patrimonio en si mesmo e, ademais, contén outros moitos patrimonios que a identifican. Neste vídeo divulgativo (2´ 20´´) Lourenzo Fernández-Prieto, catedrático de Historia Contemporánea da USC, e Ramón Fábregas, catedrático de Prehistoria da USC, fálannos de varios proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC) relacionados co patrimonio, a identidade e a cultura. Neles estúdase como a xeración dunha identidade, a convivencia entre usos patrimoniais e produtivos, ou as lóxicas de pensamento e acción, son elementos determinantes na creación das paisaxes.

Ramón Fábregas Valcarce    Lourenzo Fernández Prieto    AUTORÍA
Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC) CREACIóN
15/10/2026
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO